Análise WebQuest
WebQuest ( http://es.wikipedia.org/wiki/Webquest ):é unha metodoloxía de búsqueda orientada, na que case todos os recursos empregados proveñen da Web. Foi proposta polo profesor Bernie Dodge, da Universidade de San Diego, 1995. Cada vez son máis empregadas como recurso didáctico dos profesores, xa que permiten a abordaxe de habilidades de manexo de información, propias do modelo curricular cognitivo, respondendo así á meta educativa de aprender a conocer postuladas pola UNESCO fronte ó desafío de educar nunha sociedade altamente informatizada.
Unha WebQuest ten a seguinte estructura:- Introducción
- Tarea
- Proceso
- Recursos
- Avaliación
- Conclusión
- Autores
Tipos:Hai WebQuest de dous tipos:
WebQuest a curto plazo:A meta educacional dun WebQuest a curto plazo, é a adquisición e integración do coñecemento de un determinado contido de unha ou varias materias e deséñase para ser rematado de un a tres periodos de clase.
WebQuest a longo plazo:Deséñase para realizálo nunha semana ou un mes de clase. Implica maior número de tarefas máis profundas e elaboradas e adoita rematar coa realización dunha presentación informatizadUnha nova modalidade inspirada no concepto das WebQuest son as MiniQuest. Consisten nunha versión reducida a só tres pasos para realizar durante unha sesión ou clase de 50 minutos.
Análise das dúas WebQuest:
WebQuest 1 ( http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ieslaribera/musica/voz/voz.htm ): O máis destacado desta WebQuest é o nivel cognoscitivo da tarefa así como a boa selección dos recursos. Como aspecto negativo sinalaría a escasa motivación e certa ambigüedade nos criterios de avaliación. Segundo a rúbrica de Aula 21 acadaría unha puntuación en torno a 29/40.
WebQuest 2 ( http://www.spa3.k12.sc.us/WebQuests/mozart/Mozartquest.html )
Neste caso trátase de un MiniQuest. O deseño e a motivación son excelentes pero fraquea no aspecto técnico, sobre todo no relacionado cos enlaces que coma mínimo resultan confusos. Ademáis non figuran explícitos os criterios de avaliación. Empregando a rúbrica de Aula 21 e analizando as partes que conforman o MiniQuest a puntuación sería de 28/40.
Análise de Blogs Educativos
Neste post, levaremos a cabo a análise do dous weblogs educativos, seguindo as indicacións desta guía.
Blog 1: http://ividal.com/musica11/
Audiencia:
O máis rechamante deste blog é a diversidade e amplitude de contidos que nel podemos atopar, sempre tendo en conta que se trata dunha actividade da aula de música dun instituto de secundaria. As actividades realizadas polos alunos, abranguen un abanico de tendencias e posibilidades moi amplo, de grande utilidade para o traballo dunha disciplina aberta, como é a música.
Propósito:
Parece estar claramente enfocado a ampliar e complementar contidos traballados anteriormente con presencialidade na aula, como así o demostran as varias entradas referentes a distintos aspectos da música barroca.
Contido:
Resulta de grande importancia neste blog, xa que os contidos traballados coinciden co currículo propio do curso. Como mencionamos antes, semella que precisaménte o principal obxectivo deste blog é potenciar eses contidos. Así que a cuestión de correspondencia entre estes contidos e a audiencia, tamén a daremos por suposta.
Deseño:
O diseño fai que resalten os artigos con respecto aos contidos. En xeral, o aspecto visual correspóndese co tema e facilita a correcta comprensión de navegación.
Posts:
A frecuencia de actualización amósase constante, de varios posts ao día. Adoitan ser temas concretos relacionados co currículo da asignatura.
Comentarios:
Son escasos, e ciñense principalmente a correccións ou aclaracións que o mestre ten que facer sobre as tarefas que van realizando os alumnos.
Cuestións técnicas:
A navegación funciona perfectamente. E o diseño xeral da páxina non se ve mermado per excesos de ningún tipo.
Escritura:
A linguaxe empregade é moi formal.
Organización:
Boa.
Marketing:
Este é un blog que se atopa ubicado nun dominio pertencente a un instituto de primaria, polo que as cuestións de marketing quedan fora de lugar.
Blog 2: http://fungaalafia.blogspot.com/
Audiencia:
É un blog educativo e de intercambio de experiencias, impresións, recursos,... Está enfocado a un público xa formado que busca perfeccionamento.
Propósito:
Principalmente está destinada a compartir a experiencia entre profesores e estudiantes de educación musical.
Contido:
O contido correspóndese perfectamente ca audiencia do blog.
Deseño:
Axústase tanto ós contidos como ó propósito do blog, ao mesmo tempo que contribúe á orientación déstes.
Posts:
A frecuencia de publicación é aceptable e responde a un estilo individual. Céntranse a redor da finalidade do blog.
Comentarios:
Non responden a unha dinámica fixa.
Cuestións Técnicas:
No momento da análise non se visualizaron dúas imaxes, a parte desto a navegación e correcta e non se detectan máis erros.
Escritura:
Correcta en tódolos aspectos.
Organización:
Establécense categorías para gardar próximas lecturas. En xeral responde a un bó criterio de organización.
Marketing:
Atopámola rápidamente na web co cal o seu acceso é doado.
¿Blogs?
Os blogs veñen sendo coma diarios, con un ou máis autores, nos que se colgan ou publican noticias acerca dalgunha temática, comentarios, aficións,... ca fin de compartir esa información, a cal se dispón en orde de publicación, co resto de usuarios da rede.
O xeito de crear un blog é en principio gratuíto, basta con acceder ó enderezo web dunha das ferramentas para crealos como ven sendo esta mesma | http://www.obolog.com/ | e a través de un sinxelo sistema de registro sen a penas información persoal xa está activado. Logo cunha serie de ferrametas internas axeitalo ó teu gusto e "ir indo".



