Análise de Blogs Educativos
Neste post, levaremos a cabo a análise do dous weblogs educativos, seguindo as indicacións desta guía.
Blog 1: http://ividal.com/musica11/
Audiencia:
O máis rechamante deste blog é a diversidade e amplitude de contidos que nel podemos atopar, sempre tendo en conta que se trata dunha actividade da aula de música dun instituto de secundaria. As actividades realizadas polos alunos, abranguen un abanico de tendencias e posibilidades moi amplo, de grande utilidade para o traballo dunha disciplina aberta, como é a música.
Propósito:
Parece estar claramente enfocado a ampliar e complementar contidos traballados anteriormente con presencialidade na aula, como así o demostran as varias entradas referentes a distintos aspectos da música barroca.
Contido:
Resulta de grande importancia neste blog, xa que os contidos traballados coinciden co currículo propio do curso. Como mencionamos antes, semella que precisaménte o principal obxectivo deste blog é potenciar eses contidos. Así que a cuestión de correspondencia entre estes contidos e a audiencia, tamén a daremos por suposta.
Deseño:
O diseño fai que resalten os artigos con respecto aos contidos. En xeral, o aspecto visual correspóndese co tema e facilita a correcta comprensión de navegación.
Posts:
A frecuencia de actualización amósase constante, de varios posts ao día. Adoitan ser temas concretos relacionados co currículo da asignatura.
Comentarios:
Son escasos, e ciñense principalmente a correccións ou aclaracións que o mestre ten que facer sobre as tarefas que van realizando os alumnos.
Cuestións técnicas:
A navegación funciona perfectamente. E o diseño xeral da páxina non se ve mermado per excesos de ningún tipo.
Escritura:
A linguaxe empregade é moi formal.
Organización:
Boa.
Marketing:
Este é un blog que se atopa ubicado nun dominio pertencente a un instituto de primaria, polo que as cuestións de marketing quedan fora de lugar.
Blog 2: http://fungaalafia.blogspot.com/
Audiencia:
É un blog educativo e de intercambio de experiencias, impresións, recursos,... Está enfocado a un público xa formado que busca perfeccionamento.
Propósito:
Principalmente está destinada a compartir a experiencia entre profesores e estudiantes de educación musical.
Contido:
O contido correspóndese perfectamente ca audiencia do blog.
Deseño:
Axústase tanto ós contidos como ó propósito do blog, ao mesmo tempo que contribúe á orientación déstes.
Posts:
A frecuencia de publicación é aceptable e responde a un estilo individual. Céntranse a redor da finalidade do blog.
Comentarios:
Non responden a unha dinámica fixa.
Cuestións Técnicas:
No momento da análise non se visualizaron dúas imaxes, a parte desto a navegación e correcta e non se detectan máis erros.
Escritura:
Correcta en tódolos aspectos.
Organización:
Establécense categorías para gardar próximas lecturas. En xeral responde a un bó criterio de organización.
Marketing:
Atopámola rápidamente na web co cal o seu acceso é doado.

