Dende o noso punto de vista as posibilidades educativas dos WebQuest quizais sexan de unha utilidade máis práctica, xa que por definición son de caracter interactivo. Se ben esta interactividade se pode dar tamén no blog non ten por que ser obligatoria, podendo reducirse a un mero diario de clase no que os alumnos teñen á súa disposición tódolos contidos da materia en calquer momento e calquer lugar. En todo caso poden ser útiles coma ferramentas complementarias de xeito que, a modo de exemplo, se estableza un blog de clase onde o mestre publica os enlaces para os diversos exercicios que se realizan a través dos WebQuest así coma as labores de corrección-avaliación e titorización.